O pasado sábado 27, celebramos a segunda asemblea de socios da "Ribeira de Foz", na
que unha vez mais se veu a participación e compromiso por os numerosos
socios que acudiron a esta, na que se debateu con intensidade durante o
transcurso da mesma.
Na mesma fixemos un resumo dos tramites e
das amplas actividades que realizamos durante este ano 2015, das que os
socios quedamos moi satisfeitos pola xestión feita ata o de agora a
pesares da xuventude da nosa asociación, cumpriremos un ano no vindeiro
mes de abril, e no que tamén expresaron o seu descontento xeral con
algunhas das promesas incumpridas de vontade política.
Nesta
asemblea,chegamos diversos acordos para seguir adiante con tramites
pendentes como os de poñer tomas de agua e luz en Porto Chico, para o
cal levaremos a cabo unha petición de axuda. Tamén se aprobou insistir
na eliminación dos requisitos discriminatorios da famosa bonificación
por falta de calado, para o cal faremos uso da figura do "Valedor do
Pobo".
E aprobáronse algunhas propostas para este 2016;
Ante a
problemática do lixo do mercado que acaba na dársena, despois de debater
varias alternativas, acordase: realizar un escrito, para presentar ante
Portos e Concello solicitando que se tomen as medidas oportunas para
que non se produzan eses feitos, de tirar bolsas e papeis a dársena. Así
mesmo, e como medida de concienciación e exemplar, realizarase un
martes unha recollida simbólica dende algunha embarcación, e poñeremos
un cartel na confraría de pescadores.
Realizar unha charla técnica de pesca, sobre da modalidade deportiva “jigging”.
Programar unha excursión a algunha feira náutica, como poda ser a de Vigo.
Realizar unha cea o comida para tódolos socios.
Tamén se recolleron algunhas peticións de arranxos varios para
solicitar a portos, como a de tapar uns furados nos finguers dos
pantalans que son perigosos, e nos que xa se produciu algún accidente no
pasado.
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/510858/ribeira-pedira-al-valedor-do-pobo-la-bonificacion-por-falta-de-calado-en-foz
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/foz/2016/02/29/ribeira-dara-ejemplo-recogiendo-basura-puerto/0003_201602X29C2994.htm
http://www.cronica3.com/2016/02/ribeira-de-foz-celebrou-a-sua-segunda-asemblea-de-socios/
Translate
lunes, 29 de febrero de 2016
miércoles, 10 de febrero de 2016
Plano do estuario de Foz en 1787.
Plano histórico do estuario de Foz en 1787, realizado por D. Antonio Alcalá Casano
De este plano antigo, se nos atemos de forma fidedigna o que representa, pódense sacar conclusións bastante claras;
Nel vemos claramente como baixaba o curso natural do río Masma, que saia a ría pegadiño a Punta da Arnela seguindo pola beira de Foz . Antes da construción da ponte do ferrocarril.
A desembocadura ia cara a leste "Pena Rubia" porque a propia morfoloxía do estuario e da ribeira focega así o encauzaban.
Mais adiante o curso da saída do rio veríase empuxado pola construción da ponte do ferrocarril, desviando o curso rectilíneo antigo e empuxando este cara a o lado de Mañente, facendo unha forma curva no propio litoral e facendo que este saíse da Punta Arnela en dirección leste.Foto explicativa do primeiro gran cambio que experimentou a nosa ría. A día de hoxe inda se poden apreciar os regos por onde transcorría o río tantos anos atrás:
Superposición do plano de 1787 enriba de unha imaxe satélite do 2016.
Queda claro que o curso do río alterouno a ponte do tren. O río baixaba polo mesmo múelle de Foz, unha simple ponte o que pode chegar a facer.
Tamén se pode ver como Foz lle ganou térreno o mar:
viernes, 5 de febrero de 2016
Penúltimo dragado da dársena portuaria de Foz
Foto da draga con base en Santander chamada "Cape Coruña", atracada no
peirao de Foz , este penúltimo dragado desta dársena data do ano 1974.
jueves, 4 de febrero de 2016
Comisión 8ª Pesca e Marisqueo. do día 03/02/2016 ás 10:30 horas
Comisión 8ª Pesca e Marisqueo. do día 03/02/2016 ás 10:30 horas. Na que saíu a palestra Foz.e na que o deputado Val formulou as preguntas que en pasados días lle achegamos, conxuntamente o deputado Balseiro. Deputados do parlamento galego e ambos residentes na comarca da mariña.
Agradecemos o Sr. Val o cumprimento do compromiso que adquiriu con nos.
https://youtu.be/oqP9oMm7m6Q
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0334/conselleria-mar-anuncia-dragaxe-porto-foz-neste-ano-amplia-traballos-ata-bocana
Suscribirse a:
Entradas (Atom)