Translate

jueves, 24 de noviembre de 2016

A Ribeira de Foz, estudo e conclusións do Plano do estuario de Foz en 1787 e das distintas obras na ría de Foz.


Plano do estuario de Foz en 1787

Indagando pola evolución histórica da ria de Foz atopamos que xa existen referencias documentais de carácter cartográfico de este estuario desde finais del século XVII, dado o interese estratéxico para a navegación hasta o porto operativo na vila de Foz . Un plano feito por D. Antonio Alcalá Casano, autor de outros mapas na costa asturiana. Conten datos detallados de carácter toponímico, batimétrico e as correspondentes recomendacións para unha navegación máis segura. Naquel momento, inda non existían os diferentes diques que a día de hoxe temos, e había unha tendencia a que o canal de vaciante (paso de desembocadura) se localizara máis tendido con unha dirección xeral ENE-OSO e, por eso, buscaba o marxe oriental da praia de Altar.
Este plano da ría de Foz realizado no mes de xuño de 1787, que atopamos nos arquivos dixitais da biblioteca nacional hispánica, foi o primeiro que nos fixo sospeitar, de que algo non era como nos pensabamos...

De este plano antigo, se nos atemos de forma fidedigna o que representa, pódense sacar conclusións bastante claras;
Nel vemos claramente como baixaba o curso natural do río Masma, que saia a ría pegadiño a Punta da Arnela seguindo pola beira de Foz . Antes da construción da ponte do ferrocarril.
en el tamén vemos como a desembocadura ia cara a leste transitando fronte a praia de Altar pegada a "Pena Rubia" porque a propia morfoloxía do estuario e da ribeira focega así o levaba segundo as épocas do ano contan os veteranos mariñeiros de Foz. Segundo o plano nos concluímos que anos mais adiante o curso da saída do rio veríase empuxado pola construción da ponte do ferrocarril entre os anos 1930 e 1932, desviando o curso rectilíneo antigo e empuxando este cara a o lado de Mañente, facendo unha forma curva no propio litoral e facendo que este saíse da Punta Arnela en dirección leste.Foto explicativa do primeiro gran cambio que experimentou a nosa ría. A día de hoxe inda se poden apreciar os regos por onde transcorría o río tantos anos atrás:


Tras ver este plano parecíanos en un principio que non podía ser verídico que seguramente estivese mal pois daquela época... Pero unha superposición do plano enriba de unha imaxe satélite do 2016 que a continuación mostramos mais un rigoroso estudo de outros planos de D. Antonio Alcalá que tamén resultaban ser exactos os actuais sacounos de calquera dubida:

Quedounos claro que o curso do río alterouno a ponte do tren. O río baixaba polo mesmo múelle de Foz, a ponte parece que cambiou a desembocadura natural do Masma.
Tamén se pode ver como Foz lle ganou térreno o mar cos recheos portuarios e construcións de diques de abrigo para estes.


Nesta outra imaxe reflectimos no lado oeste a ponte de tres arcos e o dique cego que se fixo para chegar o ferrocarril a esa ponte, dique que formou un estuario de sedimentos acumulados e desviou o leito do rio cara a o lado de Mañente e que así o rio collese forza de correntes o paso por ese tramo estreito baixo a ponte, e obrigado a pasar pola beira oeste facendo a curvatura da costa e que a saída se oriente cara a o lado de noroeste:
O curioso é que ningún estudio publicado da nosa Ría reflicte isto, tamén dicimos que estes estudios os que nos referimos están feitos principalmente para estudar a desaparición paulatina dos mariscos bivalvos da Ría e todos culpan de isto o espigón artificial que se fixo entre os anos 85 e 90, e quizais a ponte non afectou nese sentido os mariscos. Inda que para nos queda mui claro que para a navegación da Ría e os peiraos Focegos si pois se o rio seguise o curso natural anterior a construción da ponte non se terían os problemas actuais de falta de calado, pois as propias correntes do rio se encargarían de sacar a area de forma natural, e o calado seria constante, por onde pasa o curso dun rio sempre hai calado.

¿Porque nos non culpamos da falta de calado os espigóns feitos como a maioría dos estudos ou opinións xeneralizadas?;
Antes da construción dos espigóns o curso do rio xa cambiara como se aprecia na seguinte foto de 1945:


Para a nosa opinión queda demostrado que eses espigóns pouco ou nada tiveron que ver na falta actual de calado, e se teñen incidencia esta é mínima.
Ademais había unha tendencia a que o canal de vaciante (paso de desembocadura) se localizara máis tendido con unha dirección xeral ENE-OSO e, por eso, buscaba o marxe oriental da praia de Altar.


Foto de 1956 explicativa

Esta situación facía mui perigosa a entrada e saída da ria de Foz xa que ese tramo final de desembocadura non estaba fixado e variaba segundo a época do ano ou segundo afectasen os temporais climatolóxicos polo que os patróns dos barcos pasaban moitas dificultades e corrían serios riscos cando tiñan algo de mal tempo, a mobilidade deste tramo final facía que non houbese unha erosión fixada do fondo areoso e as propias correntes de vaciante depositaban as areas en distintos bancos imposibles de localizar, nos cales con mal tempo rompía o mar e nos que as embarcacións mais confiadas chegaban a varar en mais de unha ocasión perigando a vida dos mariñeiros.

A continuación mostramos unha síntese de la historia que atopamos nun antigo libro, que xa reflectía ese problema :
“durante los siglos XVI y XVII Foz contó un importante puerto y con uno de los tres astilleros más importantes de Galicia. Por aquel entonces, armadores y pescadores focenses se dedicaban, fundamentalmente, a la captura de ballenas. Esta importancia pesquera fue decayendo con el tiempo, aunque hoy queda una importante tradición marinera.” (Historiadores del Concello de Foz). Y Pedro Texeira narra que “deste puerto (refiriéndose aquí al de Ribadauia) al poniente trez leguas sale a la mar hun río que llaman de Yspineira, en cuia margen tiene dos aldeas. Vna, de la parte del leuante, que llaman San Cosme del Barrero y, la del poniente, Santiago de Foz. La bara no es de más capacidad que para barcos y aun no de los grandes por ser casi serrada con vn banco de arena. Y estando hio en este puerto el año de seis sientos bentedos, estaua dentro de él vn nauío deochenta toneles, dado fondo más de media legua dentro de su bara. E ynformándome el cómo auía entrado me dixeron auía vn año que aquel nauío se auía entrado, con gran admiración de los que lo uieron, por la bara y paró donde hio lo uí. Y acudiendo la gente de los lugares a la novedad de uer en su puerto nauío tan grande, y sin marea ni sazón para acometer tal entrada, no uieron persona que le gouernaçe. Y como de él no salía qui/en les pudiese ynformar se determinaron a hir a él y lo allaron solo de gente y de todo género de demás cosas, conociendo por sin duda que los piratas lo auían tomado y desbalixado y lo dexaron a la boluntad del tienpo que le encaminó a este puerto donde fuera ynposible que el más sabio piloto lo vuiera metido.”

Os espigóns tanto o da praia da Rapadoira como o da praia de Altar están cumprindo coa función para o que foron feitos que foi a de definir e acoutar a saída da ria, cousa que foi vital para a supervivencia dos peiraos focegos e da pesca naqueles tempos.

Primeiro foi o muro da Rapadoira no que seu extremo se atopa o faro que da imaxe o noso logotipo e que foi feito para resgardar dos temporais as embarcacións focegas pero non foi eficaz para acoutar a desembocadura como podemos apreciar na anterior foto de 1956, así que se acabou facendo o espigón da praia da rapadoira en 1969, no que medrou en area a praia da Rapadoira, para tratar de acabar con esa dificultade que traia de cabeza a mariñeiros e patróns da época.


Foto de 1969 antes da construción do espigón da Rapadoira no que se pode ver a extinta praia da Anguieira de San Cosme, agora recreada de forma artificial con outro espigón.

O espigón da rapadoira conseguiu en parte tal propósito pois logrou fixar de unha mareira mais estable a desembocadura pero non definitiva, pois inda había veces que esta variaba.


Foto 1969, co espigón da rapadoira xa feito, e vemos a desembocadura en dous tramos sin acabar de fixarse.



Foto 1983 xa se aprecia mais fixada a desembocadura.

O famoso espigón de San Cosme dos que os focegos historicamente culpamos dos males da nosa ría fíxose con outro propósito, pero que acabou de axudar a fixar definitivamente a desembocadura da nosa ría.

Espigón realizado en 1.987 que trataba de protexer a praia de Altar e recrear a praia natural da Anguieira

¿Cal foi ou era propósito de este espigón?
As faladurias falan de se fixo para resgardar un chalet de un alto cargo. Pero o propósito documentado e que non acadou de conseguir, era a de protexer recrear a praia da anguieira que desapareceu paulatinamente trala construción do dique da Rapadoira e tamén a praia de Altar da erosión que estaban a sufrir pola forza das ondas do mar, erosión que tras as nosas pesquisas cremos que precisamente se veu agraviada co fixamento da desembocadura, pois as correntes da desembocadura da ria cando derivaban cara a leste e que tantos problemas lles traian os mariñeiros, estas mesmas correntes servían de barreira natural coa que se mitigaba a forza do oleaxe na mesma praia de Anguieira e  Altar fronte o famoso na época restaurante Moby Dick, pois a oleaxe o entrar coas correntes perdía gran parte da sua forza. Polo que o noso entender solución de fixar a desembocadura para uns foi solución e para outros o comezo de un problema.


(Azul) as correntes desviadas a leste da ria que mitigaban a forza da oleaxe (verde) na praia de Altar

Este espigón que trataba de recrear de forma artificial a praia da Anguieira, non acabou coa erosión da praia pois como dicimos o que realmente a protexía eran as correntes da propia ria, inda así anos mais tarde este espigón veríase reforzado e ampliado, e por riba a maiores se fixo un dragado dentro da propia ria para tratar de repoñer coa área extraída a erosión da praia de Altar, cousa que mitigou un tempo pero claramente foi un parche que non solucionou, a pesares de isto nos dicimos que este espigón e útil para ter unha definida bocana para as embarcacións que entran e saen de Foz. Pero por contrapartida mui contraproducente para os mariscos bivalvos da Ría.



 A parte de estas actuacións que nos destacamos como as mais influíron na evolución da ria , fixéronse moitas mais; dragados sin resultados a cada cal mais vario pinto e inútil, construcións de pequenos  pasos de pedra feitos por campesiños para poder cruzar o río en zonas estreitas, etc.
 Entre estas queremos destacar un malecón que se fixo para tratar de canalizar parte dos rios ata os estaleiros, e que o único que logrou foi todo o contrario e acumular mais area aínda pois inda que trataba de canalizar o rio tamén cortou o paso que inda perduraba, e formar una barreira de contención para a acumulación de area pois resgarda esta das correntes de vaciante funcionando dentro da propia ría de xeito similar os diques da praia da Rapadoira e Altar.

Malecón fronte os riles dos estaleiros feito nos anos 70, para tratar de reconducir o curso do rio Masma e Centiño cara a zona de botaduras, e que axudou a elevación do banco de area desviando inda mais os leitos naturais dos dous rios.



Evolución dos canais de navegación.

 O certo e algo tamén significativo e que tampouco se vira mui agravada a falta de calado ata a desaparición de unha draga que operaba de continuo sacando area o rente dos peiraos de Foz.

Na nosa humilde opinión e partindo de que non somos enxeñeiros para nos esta claro que a influencia do home na Ria de Foz foi mais ou menos acertada nuns casos, e un fracaso total en outros. Gran parte das actuacións que se fixeron hasta agora na ría, non foron mais que obras illadas e anárquicas, orientadas a resolver problemas relacionados unicamente con algún dos recursos de esta ría, obras que non tiveron en conta o resto dos recursos da ría do Masma, nin as consecuencias de estas actuacións no propio entorno, nin que as rías funcionan como un ecosistema, resultando por isto non só insuficientes, se non tamén contraproducentes. Consideramos que algunha destas se pode e deberían desfacer como a dese malecón fronte a zona de botaduras dos antigos estaleiros que conten tanta area, outras tristemente xa non teñen solución, e se a teñen é de difícil acometida.
Como conclusións:
 Para nos hai dúas obras fundamentais nos males da ría do Masma, o deseño e construción da ponte do Ferrocarril, foi o primeiro gran erro e que nos afogou o calado nos peiraos e o segundo foi o malecón dos estaleiros
. Curiosamente ningunha destas dúas ben reflectida en ningún
dos estudos  que atopamos e consultamos.


    Ponte Ferrocarril


   Imaxe aérea ponte  ferrocarril


A Ribeira de Foz para formar esta particular visión da evolución da ría do Masma, consultou tódolos estudos feitos publicados ata a fecha, os arquivos da biblioteca nacional, a fototeca do Instituto Xeográfico Nacional, e o mais importante as propias xentes de Foz os veteranos mariñeiros, coñecedores da ría do Masma e dos seus cambios palmo a palmo.